Relative strength index

O Indicador Relative Strength Index (RSI) é un indicador técnico usado na análise de mercados financeiros. O seu obxectivo é mostrar de xeito gráfico a forza (ou debilidade) dun activo financeiro nun período determinado. Baséase nos prezos de peche dun período de cotización recente.

O RSI é un oscilador de momento, que mide a velocidade e a magnitude dos movementos dirixidos no prezo dun activo. O momento é a taxa de caída ou crecemento no prezo. O índice valora o momento como a taxa entre os peches á alta e os peches á baixa. Así, os activos que teñen máis cambios positivos (ou cambios máis fortes) teñen un valor de RSI máis altos ca aqueles que teñen máis baixadas no prezo.

Acotío, este indicador emprega un período de 14 días no seu cálculo, medido nunha escala de 0 a 100. Tradicionalmente considéranse niveis altos e baixos no mercado os valores 70 e 30 respectivamente. Con todo, outros valores do período poden empregarse cando se precisa información sobre intervalos maiores ou menores. Como é sinxelo de intuír, valores máis extremos do indicador coma 80-20 indican un momento máis forte, pero danse con menor frecuencia.

O índice de forza relativa (RSI) foi definido por primeira vez por J. Welles Wilder en 1978, no seu libro New Concepts in Technical Trading Systems [1]. Hoxe en día é un dos indicadores técnicos máis empregados, especialmente no FOREX.

  1. J. Welles Wilder, New Concepts in Technical Trading Systems, ISBN 0-89459-027-8

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy